Aprobado o proxecto de ampliación do instituto Eduardo Blanco Amor de Ourense

OurenseXa
As obras contan cun orzamento previsto de máis de 700.000 euros
IES Eduardo Blanco Amor, Ourense
28 Xuño 2024

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aproba concederlle a licenza urbanística á Xunta de Galicia para executar as obras de ampliación do instituto Eduardo Blanco Amor, na rúa Vicente Risco.

A ampliación forma parte do proxecto 'Nova arquitectura pedagóxica' posto en marcha pola Xunta e supón a segunda actuación que se realiza no centro nos últimos anos, co obxectivo de adaptar e modernizar as instalacións. As obras contan cun orzamento de máis de 700.000 euros.

Ademáis, o Concello aproba tamén o proxecto de modificación orzamentaria 1P/2024, que ten como finalidade destinar un investimento de 400.000 euros á rehabilitación dun edificio na Praza da Trindade, que será acondicionado como nova sede da oficina de rehabilitación do conxunto histórico da cidade.

0.16079020500183