Arranca a vixésimo terceira edición das ’24 horas de Fútbol Sala’ de Amencer
OurenseXa
Este ano, participarán un total de dez equipos formados por mozos e mozas de máis de 14 anos
27 Dec 2024
Este venres, 27 de decembro, regresa unha das tradicións deportivas de Nadal máis arraigadas na cidade. Trátase das '24 horas de Fútbol Sala' da Asociación Xuvenil Amencer.
Este ano, participarán un total de dez equipos formados por mozos e mozas de máis de 14 anos. A actividade arrancará ás 16.00 horas e estenderase ata as 3.00 horas da madrugada do sábado.
A actividade conta co apoio de Concello de Ourense e da Asociación Deportiva Bosco, e forma parte do programa ‘Deporte para todos’, destinado á promoción do deporte entre a mocidade.