Arrancan as festas de Quintela de Canedo e Palmés
As localidades de Quintela de Canedo e Palmés arrancan este venres, 9 de agosto, as súas festas tradicionais que este ano contan coa colaboración do Concello de Ourense.
A programación de actividades de Quintela de Canedo comezará este venres con verbena desde as 0.00 horas a cargo do dúo Estelar. Continuará o sábado, 10, con sesión vermú con Disco Móbil (12.00 horas), xogos infantís e populares (17.00 horas), cea popular (22.00 horas) e verbena co dúo Maratón. As festas rematarán o domingo, 11, con misa campestre ás 13.00 horas e, de seguido, sesión vermú con Disco Móbil.
As festas de Palmés comezarán tamén hoxe venres cun concurso de tortilla (20.00 horas), Cea popular ás 21.00 horas, e verbena a cargo de Xoldra e Montreal (23.00 horas). O sábado, 10, haberá alborada a cargo dunha pequena representación da escola de gaitas Devalar de Amoeiro, misa na honra da Virxe do Rosario, partido de solteiros contra casados (18.00 horas), xogos populares infantís (19.00 horas) e verbena a cargo de Carpe Diem e Pancho (23.30 horas). As celebracións de Palmés rematarán o domingo, 11 con misa na honra de San Mamede, sesión vermú amenizada polo trío Marfil, campionato de chave (17.00 horas), o partido de presentación do C.D. Palmés (18.00 horas) e a festa co trío Marfil (20.00 horas), que porá fin á programación festiva