Arrancan as obras de 64 vivendas públicas en Cambeo de Raia

OurenseXa
Os traballos contan cun investimento de 13,6 millóns de euros e o prazo de execución previsto é de 16 meses
obras-cambeo-de-raia-ourense
Comezo das obras de 64 vivendas en Cambeo de Raia
18 Mar 2025

A Xunta vén de iniciar as obras de construción de 64 novas vivendas de promoción pública en Cambedo de Raia, en Ourense, cun investimento de 13,6 millóns de euros.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou hoxe o comezo dos traballos e subliñou que se prevé que estean finalizados no terceiro trimestre do vindeiro 2026.

A nova promoción, que estará formada por catro bloques, sitúase en tres parcelas que a Xunta mercara á Sareb por máis dun millón de euros. E as 64 vivendas (de 2, 3 e 4 dormitorios), unha vez construídas, serán adxudicadas en réxime de alugueiro accesible, coa reserva de ao menos un 40% para menores de 36 anos. Do investimento das obras, que supera os 13,6M€, o 76% son fondos aportados pola Xunta e o restante 24% corresponde a fondos europeos.

A conselleira destacou a necesaria colaboración entre o sector público e privado para dinamizar o mercado da vivenda a través da construción.

Lembrou que a Xunta tamén está a traballar para facilitar solo para máis de 1.600 vivendas no ámbito Escorial-Vinteún. Xa se recibiron 3 ofertas para a licitación do Proxecto de Interese Autonómico nesta área.

Ademais remarcou a aposta pola rehabilitación, no marco do programa Rexurbe, pois a Xunta dispón de 8 inmobles na cidade, coa previsión de chegar aos 18 fogares e 3 locais.

Recordou que a semana pasada o Consello da Xunta aprobou a Área Rexurbe en Ourense, unha ferramenta que permitirá seguir fomentando a rehabilitación de edificios e de vivendas no casco histórico. Detallou que agora o Concello debe redactar un plan de dinamización e habilitar un centro de xestión da área Rexurbe, para comenzar a traballar. Isto suporá tamén o incremento de axudas para a compra de vivenda na Área Rexurbe.

⚙ Configurar cookies
0.32991600036621