Arrancan os traballos de limpeza de vexetación na Ponte Vella de Ourense

OurenseXa
Dende a Xunta explican que as actuacións realízanse empregando ferramentas e medios manuais sen afeccións nin á ponte nin ao río Miño
limpeza-ponte-vella-ourense
3 Sep 2025

A Xunta vén de iniciar os traballos de limpeza de vexetación na Ponte Vella de Ourense, que inclúen a retirada manual da vexetación e maleza que existe nos paramentos de cantería, así como da limpeza das xuntas coa eliminación da terra e raíces.

As actuacións realízanse de xeito vertical, empregando ferramentas e medios manuais sen afeccións nin á ponte nin ao río Miño, e complementarán aos traballos de mellora que se veñen de executar na súa contorna, como a nova escaleira conformada de baixada ao paseo do Miño no lado norte.

Ademais, as labores súmanse tamén á pavimentación do entronque da ponte coa avenida das Caldas, cuxas obras de humanización están xa rematadas, e ás actuacións de posta en valor e mellora da iluminación executadas nos anos anteriores na ponte e na zona da capela dos Remedios.

⚙ Configurar cookies
0.17060613632202