Arrancan os traballos de mellora dos pavimentos na travesía de Maceda

OurenseXa
A intervención supón un investimento de 1,4 millóns de euros
Travesia_maceda
Obras de mellora do pavimento na travesía de Maceda
19 Mar 2024

A Xunta comezou onte os traballos de mellora dos pavimentos na travesía de Maceda, tal e como estaba previsto, unha vez que en días pasados se rematou a renovación integral das conducións de abastecemento, saneamento e pluviais, de titularidade municipal.

Esta intervención supón un investimento da Xunta de 1,4 millóns de euros.

Inicialmente estaba deseñada como de acondicionamento do firme, pero ampliouse para substituír e renovar todos os servizos urbanos no ámbito de actuación.

Desde xeito, o desenvolvemento das obras de acondicionamento da travesía de Maceda, na estrada OU-104, viuse condicionado polas deficiencias nas conducións municipais situadas baixo o pavimento, que fixeron necesario renovar esas tubaxes, asumindo a Xunta o aumento do orzamento, a pesar de ser competencia municipal.

A Xunta foi solucionando todos os problemas que xurdiron durante a execución dos traballos previstos na OU-104, dispoñendo tanto os recursos técnicos como financeiros necesarios, ante a falta de capacidade do Concello de asumilos.

Unha vez finalizada a intervención na travesía de Maceda, a nivel global, non só se acadará unha mellora de pavimentos e da accesibilidade na estrada OU-104 ao seu paso polo municipio, senón que se terán renovado todos os servizos urbanos neste treito.

0.21832609176636