Arredor dun cento de escolares festexaron o Día da Bici en Barbadás

Barbadás festexou un ano máis o día da Bici, unha actividade para concienciar ás familias sobre a utilización da bicicleta como un medio de transporte ecolóxico e saudable na que participaron arredor dun cento de escolares de 6º de Educación Primaria dos CEIP O Ruxidoiro e Filomena Dato.
Os nenos e nenas pedalearon polas rúas do municipio para reivindicar o uso deste medio de transporte, en favor do medio ambiente e dos hábitos saudables. Unha xornada de convivencia e deporte na que ademais recibiron nocións sobre seguridade viaria e o manexo das bicis.