Arredor dunha trintena de peregrinos comenzaron este domingo o Camiño da Vía da Prata por etapas

OurenseXa
A Vía da Prata por etapas, que inclúe guía e autobús, permite realizar os diferentes tramos do Camiño Mozárabe durante varias xornadas, podendo optar os usuarios por facer etapas soltas ou inscribirse en tódolos tramos
camino-via-da-prata-por-etapas
26 May 2025

A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), impulsa o Camiño da Vía da Prata por etapas, unha acción, que conta co apoio da Axencia Galega Turismo e que pretende impulsar o coñecemento deste itinerario xacobeo entre a poboación local.

A Vía da Prata por etapas, que inclúe guía e autobús, permite realizar os diferentes tramos do Camiño Mozárabe durante varias xornadas, podendo optar os usuarios por facer etapas soltas ou inscribirse en tódolos tramos. A iniciativa resultou un éxito a pasada Semana Santa, con gran demanda de prazas para as etapas ata Santiago.

Os peregrinos percorrerán paisaxes de montaña e núcleos de poboación de gran beleza por A Mezquita, A Gudiña, Vilariño de Conso, Castrelo de Val, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Paderne de Allariz, Taboadela e San Cibrao, ata chegar a Ourense capital. A pimeira das estapas tivo lugar este domingo, cun percorrido entre A Canda- Vilavella – A Gudiña, cun total de 18 kilómetros.

A seguinte parada será o vindeiro 1 de xuño e inclúe os tramos A Gudiña/Venta do Bolaño – Campobecerros – Portocamba e Laza (opción de 36 ou 23 kilómetros). O 8 de xuño o percorrido parte de Laza ata Alberguería e Vilar de Barrio, cun percorrido de 20 kilómetros. O 15 de xuño será o tramo de Vilar de Barrio – Bobadela – Padroso e Xunqueira de Ambía, con 14 kilómetros. Por último, o 22 de xuño a etapa iniciarase en Xunqueira de Ambía, pasando por A Pousa, Ousende, A Venda do Río, A Castellana, Seixalbo e chegada á Ponte Romana de Ourense. En total serán 23 kilómetros.

Ademais do Camiño Mozárabe pola provincia de Ourense, nos domingos de setembro e outubro tamén se retomará a Vía da Prata por etapas dende Ourense a Compostela. Para quen realice as cinco etapas, entregaráselle un documento acreditativo dos 100 kilómetros no itinerario mozárabe na provincia de Ourense.

⚙ Configurar cookies
0.1748960018158