Arrinca a campaña electoral en Ourense

OurenseXa
A campaña electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia arrincou esta noite coas tradicionais pegadas de carteis.
arrinca_campaña_electoral
2 Feb 2024

A campaña electoral para as Eleccións ao Parlamento de Galicia arrincou esta noite coas tradicionais pegadas de carteis por parte dos candidatos na provincia de Ourense.

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, acompañada por militancia da organización nacionalista e membros da candidatura, chamou por primeira vez ao voto defendendo unha campaña electoral que “é absolutamente decisiva para a historia de Galiza e para a historia de Ourense”. O bloque nacionalista deu a conocer onte o seu programa electoral, o “Plan Ourense Vivo” con medidas específicas para impulsar as comarcas ourensás. O obxectivo, sinalam,  é "favorecer o desenvolvemento social e económico de Ourense e rematar coa discriminación e o abandono estrutural ao que se viu sometida esta parte do País".

Pola súa parte, a militancia e os representantes do PSdeG-PSOE en Ourense, liderados pola súa cabeza de lista, Carmen Rodríguez Dacosta, reuníronse no Parque de San Lázaro. Os e as socialistas defenderon o seu plan para "incentivar unha sanidade pública de calidade  que ofreza as mesmas garantías aos galegos e galegas con independencia de que vivan nas grandes cidades o no rural".

Os populares de Ourense, pola súa conta, reuníronse na Praza das Mercedes antes de poñer rumbo ao Parque de San Lázaro, liderados pola súa cabeza de lista na provincia de Ourense, Elena Rivo, baixo o lema “A Galicia que funciona”.

0.19442892074585