Comeza o Nadal en Ourense cun programa cheo de actividades

OurenseXa
O Mercado de Nadal do Parque de San Lázaro, o Carrusel da Praza Maior e o Belén de Arturo Baltar xa se poden visitar
Alumeado de Nadal, Ourense, 2023
6 Dec 2025

Ourense comezou oficialmente o Nadal este venres 5 de decembro co acendido das luces na Alameda, que estivo acompañado pola actuación dunha banda tributo a Joaquín Sabina.

Con este acto, a cidade inaugurou oficialmente a programación de Nadal e, desde ese mesmo venres, xa se poden visitar algunhas atraccións como o tradicional Mercado de Nadal do Parque de San Lázaro, o Carrusel da Praza Maior e o Belén de Arturo Baltar, na Praza de San Cosme e San Damián.

Ao longo de decembro e principios de xaneiro, Ourense ofrecerá numerosas actividades, entre elas concertos, desfiles e a chegada de Papá Noel con desfile desde o Parque de San Lázaro ata a Praza Maior. Tamén haberá neve artificial para os máis pequenos e carrozas musicais que animarán as rúas.

O fin de ano celebrarase coa tradicional Carreira de San Silvestre e unha festa con orquestra na Alameda, mentres que o 1 de xaneiro terá lugar a XXXII Subida Costiña Canedo e un concerto especial de Ano Novo no Auditorio.

A programación rematará coa Gran Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro, que percorrerá as principais rúas ata a Praza Maior, poñendo fin a estas festas.

PORGRAMACIÓN DE NADAL 2025-2026 EN OURENSE

⚙ Configurar cookies
0.079355001449585