Arrolos de Teta conmemorará a Semana Mundial da Lactación Materna cuha concentración este xoves

A asociación Arrolos de Teta organizará este xoves unha concentración con motivo da Semana Mundial da Lactación Materna 2025. O encontro terá lugar ás 19:00 horas nas escaleiras da rúa Bailén, en Ourense.
Baixo o lema deste ano, “Priorizar a lactación materna: construír sistemas de apoio sostibles”, a iniciativa busca visibilizar a importancia de crear estruturas que faciliten e apoien a lactación de maneira práctica e accesible para todas as nais.
Arrolos de Teta defínese como unha rede de apoio entre nais, onde compartir experiencias, resolver dúbidas e atopar acompañamento ao longo do proceso de lactación.
A organización convida a asistir a todas aquelas persoas interesadas —xa sexan nais lactantes, embarazadas ou que xa remataron esta etapa— a compartir un espazo de encontro e coidado mutuo. A actividade está aberta a todas e todos os que desexen participar.