'Arte de Man' reuniu a unha vintena de artistas e artesáns en Allariz
Este domingo, 8 de setembro, Allariz foi o escenario do Mercado de Artesanía 'Arte de Man', un evento que reuniu a destacados artistas e artesáns procedentes de toda Galicia na contorna de Santo Estevo e que pretende promover o talento artesanal e o comercio local
O mercado contou cunha diversa selección de artesás e artesáns, entre os que se incluiron o pintor ourensán Luis Pachón, A.N.D.R.E.A, Mor Talla, Paulinha Dárzoa, Zeltia Ao Aire, Upside Down, Magari Clay, Olería de Batán, Minha Naicinha, 3D Impresión, Xabier Varela, Artesanía Nómada, Estudo Aldea, Xogo de Fíos, Beatriz Fraga-Cestería, Enxógate, Rio Mao Estudio, Eugenio Soto-Vidreiro, Museo do Coiro e Berce do Lume. Cada participante ofreceu produtos únicos e feitos a man, destacando a rica tradición artesanal tanto de Allariz como doutras partes de Galicia.
Ademais da exposición e venda de produtos, o evento incluiu dous obradoiros gratuítos de creación de pulseiras e de estampaxe de bolsas de tea. A xornada tamén contou con animación musical en vivo a cargo de Pirata Sen Parche, que engadiu un toque festivo e vibrante ao evento.
'Arte de Man' é unha oportunidade única para apoiar o talento local e galego, descubrindo pezas artesanais que reflicten a paixón e o oficio das persoas artesás de Allariz e de toda Galicia.