As alaricanas Noemí Rodríguez e Helena Varela presentarán a función “Oh, Mammi Blue” na Casa da Cultura de Allariz

A Casa da Cultura de Allariz acollerá a representación da peza “Oh, Mammi Blue”, unha viaxe visceral polas luces e sombras da maternidade, creada polo talento alaricano de Noemí Rodríguez e Helena Varela. A obra combina humor ácido, reflexión sobre tabús e unha posta en escena transgresora e máxica que promete non deixar indiferente ao público.
As funcións celebraranse o sábado 14 de marzo ás 20:00 horas e o domingo 15 de marzo ás 19:00 horas. O prezo das entradas será de 5 euros para titulares da Tarxeta Cidadá e 8 euros para o público xeral.
As persoas interesadas poden reservar a súa entrada chamando ao 988 440 859 ou enviando un correo a cultura@allariz.gal.