As bibliotecas municipais de Ourense acollerán este verán espectáculos de contacontos

OurenseXa
As actividades levaranse a cabo nas bibliotecas de A Carballeira, A Ponte e San Francisco
biblioteca-recurso
Imaxe dunha biblioteca
27 Jun 2024

As bibliotecas municipais do Concello de Ourense (nos barrios da Ponte, San Francisco e A Carballeira) acollerán 7 espectáculos de contacontos durante os meses de xullo e agosto. Esta actividade, organizada polo Concello en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a lectura entre a rapazada da cidade e achegala ás bibliotecas municipais. Para asistir, nenas e nenos poden inscribirse, persoal ou telefonicamente, nas propias bibliotecas.

Biblioteca pública municipal A Carballeira

  • Martes, 2 de xullo, ás 11.00 horas.  “A lectura máxica", con Especialistas  Hípica Celta.
  • Luns, 26 de agosto,  ás 11.00 horas. “O lapis de Martín” con Sarabela.

Biblioteca pública municipal A Ponte:

  • Luns, 8 de xullo, ás 11.00 horas. “O lapis de Martín” con Sarabela
  • Martes, 30 de xullo, ás 11.00 horas.  “Luume”, con Antela Editorial
  • Venres, 23 de agosto, ás 11.00 horas.  “Escola de dragóns,  con Donde viven los cuentos.

Biblioteca pública municipal San Francisco:

  • Luns, 15 de xullo, ás 11.00 horas. “Uxía e o garabato” con Sarabela.
  • Mércores, 7 de agosto, ás 11.00 horas. “A maxia dos libros, con Jóse

As tres bibliotecas dependentes da Concellería de Educación do Concello de Ourense abren ao público de luns a venres de 9 a 14 horas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18582081794739