As bibliotecas públicas de Ourense ofrecerán actividades infantís durante o verán

OurenseXa
O programa, que incluirá contacontos, desenvolverase nas bibliotecas de A Ponte, San Francisco e A Carballeira
biblioteca-recurso
3 Jul 2025

As bibliotecas municipais de Ourense ofrecerán durante o verán unha serie de espectáculos de contacontos para nenos e nenas, organizados polo Concello en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.

En total serán sete funcións que se levarán a cabo durante os meses de xullo e agosto nas bibliotecas de A Ponte, San Francisco e A Carballeira.

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente ou por teléfono en cada unha das bibliotecas:

Biblioteca municipal de A Ponte

  • Martes 8 de xullo, de 11:00 a 12:00: “O Grúfalo”, con Carmen Domech.
  • Martes 22 de xullo, de 11:00 a 12:30: “Brincadeira pirata”, con Galerna Crúa.
  • Venres 29 de xullo, de 11:00 a 12:00: “Contamúsicas”, con Raquel de Ana.

Biblioteca municipal de San Francisco

  • Xoves 10 de xullo, de 11:00 a 11:50: “Pequeño cabaret infantil”, con Nelson Quinteiro.
  • Martes 19 de agosto, de 11:00 a 11:45: “Unha armadura con ferruxe”, con Garabato de Xogos.

Biblioteca municipal de A Carballeira

  • Venres 18 de xullo, de 11:00 a 12:00: “Viaxa cos libros”, con Manuel Solla.
  • Martes 26 de agosto, de 11:00 a 11:50: “Noa no espello”, con Sabela.

As bibliotecas estarán abertas ao público desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.15008616447449