As Escolas Deportivas de Allariz brillaron na Copa Deputación con catro títulos en baloncesto

OurenseXa
Ademais, no apartado futbolístico, o equipo benxamín do CD Allariz proclamouse campión da súa categoría
cb-allariz-copa-deputacion
Copa Deputación de Baloncesto
9 Jun 2025

As Escolas Deportivas Municipais de Allariz lograron un éxito destacado nas finais da Copa Deputación 2025 celebradas esta fin de semana, cunha actuación especialmente sobresaínte no baloncesto. Os equipos alaricanos fixeron pleno, conquistando o título en catro categorías: cadete masculino, cadete feminino, infantil masculino e infantil feminino.

Este resultado supón un recoñecemento ao traballo constante e ao talento demostrado polas rapazas e rapaces ao longo da tempada, así como á dedicación do seu equipo técnico. A sólida traxectoria formativa das Escolas Deportivas refórzase así cun palmarés que consolida a Allariz como un referente do baloncesto base na provincia.

Ademais, no apartado futbolístico, o equipo benxamín do CD Allariz proclamouse campión da súa categoría, completando unha fin de semana chea de éxitos para o deporte local.

⚙ Configurar cookies
0.16142416000366