As escolas infantís de Santa Cruz e Ponte Noalla organizan xornadas de portas abertas

As escolas infantís de Santa Cruz e Ponte Noalla, en San Cibrao das Viñasa, organizan xornadas de portas abertas para dar a coñecer ás familias a súa oferta educativa e as instalacións de cara ao vindeiro curso.
No caso do EEI Santa Cruz, na zona da Castellana, o centro presenta un proxecto educativo baseado na experimentación, o traballo por proxectos e os ambientes de aprendizaxe. Conta, ademáis, con zona verde, servizo de madrugadores e aposta por un ambiente familiar. Pola súa banda, a EEI Ponte Noalla abre tamén as súas portas ás familias que queiran coñecer as súas instalacións e o seu proxecto educativo.
Desde ambos centros lembran que é imprescindible chamar previamente para solicitar cita e poder organizar as visitas. As persoas interesadas en coñecer o EEI Santa Cruz poden solicitar información no teléfono 639 179 0 24 ou no correo electrónico eei.santacruz@edu.xunta.gal, mentres que no caso de Ponte Noalla habilítase o teléfono 988 249 320, así como o correo electrónico eei.noalla@edu.xunta.gal.