As Festas da Ponte arrancarán esta noite co pregón de Frei Canedo

OurenseXa
O grupo América e DJ de Gramola poñerán a música nesta primeira noite de festas
Festas da Ponte 2024, imaxe de Gonzalo Pérez Jácome
Festas da Ponte, 2024
24 Jul 2025

O barrio da Ponte, xa ten todo listo para celebrar as festas de 2025, que arrancan este xoves cun programa que mestura verbena, tradición, fogos artificiais e atraccións para todas as idades.

As festas comezarán esta noite co pregón a cargo de Frei Canedo, ás 22:45 horas na avenida de Santiago. De seguido, a música tomará as rúas coa verbena pop-rock do século XX, protagonizada polo mítico grupo de versións galego América, de 23:00 a 02:00. A festa continuará cunha sesión DJ de Gramola, que porá a bailar á veciñanza na rúa Vicente Risco ata as 03:00 horas.

O venres 25 comezará coa procesión tradicional, que sairá ás 12:00 desde a avenida das Caldas. Pola noite, a orquestra Funçao Publika animará a verbena en dúas sesións (22:45-23:45 e 00:30-02:30 horas) na avenida de Santiago. Ás 23:59, o ceo da Ponte iluminarase cos esperados fogos artificiais sobre a Ponte Romana.

O broche de ouro chegará o sábado 26 cunha gran verbena a cargo de Tango, de 23:00 a 02:00. Ademais, durante toda a fin de semana, de xoves a domingo, haberá atraccións de feira para gozar en familia.

⚙ Configurar cookies
0.16664481163025