As Festas da Ponte celebraranse do 24 ao 26 de xullo

OurenseXa
As verbenas serán as protagonistas das celebracións
Festas da Ponte 2024, imaxe de Gonzalo Pérez Jácome
Festas da Ponte 2024
9 Jul 2025

O barrio da Ponte, xa ten todo listo para celebrar as festas de 2025, que terán lugar do 24 ao 26 de xullo cun programa que mestura verbena, tradición, fogos artificiais e atraccións para todas as idades.

As festas arrancarán o xoves 24 co pregón a cargo de Frei Canedo, ás 22:45 horas na avenida de Santiago. De seguido, a música tomará as rúas coa verbena pop-rock do século XX, protagonizada polo mítico grupo de versións galego América, de 23:00 a 02:00. A festa continuará cunha sesión DJ de Gramola, que porá a bailar á veciñanza na rúa Vicente Risco ata as 03:00 horas.

O venres 25 comezará coa procesión tradicional, que sairá ás 12:00 desde a avenida das Caldas. Pola noite, a orquestra Funçao Publika animará a verbena en dúas sesións (22:45-23:45 e 00:30-02:30 horas) na avenida de Santiago. Ás 23:59, o ceo da Ponte iluminarase cos esperados fogos artificiais sobre a Ponte Romana.

O broche de ouro chegará o sábado 26 cunha gran verbena a cargo de Tango, de 23:00 a 02:00. Ademais, durante toda a fin de semana, de xoves a domingo, haberá atraccións de feira para gozar en familia.

⚙ Configurar cookies
0.17082810401917