As Festas de A Valenzá terán lugar entre o 7 e o 11 de xuño
A Valenzá volverá a acoller, un ano máis, as súas tradicionais festas que este ano desenvolveranse entre o 7 e o 11 de xuño con diversas actuacións musicais e atraccións para os mais pequenos.
Tras os problemas do ano pasado, logo de que a orquestra Panorama cancelara a actuación prevista, as festas de este ano esperan desenvolverse con total normalidade.
O programa arranca o venres, 7 de xuño, coas actuacións da escola de baile Móvete Galicia, que actuará ás 21.30 horas na palco da orquestra, e a verbena Yukatan, que animará a noite na avenida de Celanova.
O sábado, as actividades comenzarán xa a mediodía coa actuación da Banda de Música Cultural de Barbadás. Pola noite, a partir das 21.00 horas, a música estará a cargo de artistas como DavidVS e NTW ENDIII e, as 23.00 horas, o Parque da Liberdade acollerá o espectáculo "A Valenzá Festival", que contará coas actuacións da discomóbil A Gramola e DJ como a Juanjo García, Omy Cid, Samu Pexe, Eric García, Marcos Gramola e Adri V.
Para a noite do domingo a festa estará a cargo da orquestra Verano Azul, mentres que o luns, a discomóbil Tosho Events será a encargada de poñer o peche final a estas festas, que tamén contarán cunha sesión de karaoke.