As Festas de Ourense celebraranse do 18 ao 23 de xuño
As Festas de Ourense 2024 xa teñen datas: serán desde o mércores, 19, até o domingo, 23 de xuño. O goberno municipal aposta por manter o formato de festas con programación “compacta”, concentrando as actividades en 5 días, e facendo coincidir o seu inicio co remate do curso escolar, cando a rapazada e a mocidade inicia as súas vacacións. As festas coincidirán tamén, no seu remate, con outra festividade tradicional, como é o San Xoán.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, anunciou esta mañá as datas das festas da cidade que, por terceiro ano consecutivo, terán un formato compacto, e ligarán o seu inicio á fin de curso escolar. Entende o goberno municipal que este modelo resulta “moito máis atractivo e operativo, e está acadar un éxito tremendo”, dada a grande participación por parte do público.
A Concellería de Artes e Festexos traballa na planificación da programación de actividades. O mercado medieval é un dos eventos xa confirmados da programación festiva, xunto coa presenza das tradicionais atraccións de feira, ou as actuacións de orquestras, para as que o Concello contará co “Big Four” de Galicia, é dicir, as 4 máis grandes orquestras de Galicia. As celebracións como todos os anos, rematarán coa tradicional tirada de fogos artificiais, na noite do domingo, 23 de xuño, Día de San Xoán.