As Festas de San Francisco obrigarán a cortar ao tráfico a rúa Pena Trevinca a partir de mañá

OurenseXa
A programación inclúe actuacións musicais e un dispositivo especial de tráfico durante toda a fin de semana
fogos-artificiais-festas
2 Oct 2025

O barrio de San Francisco vivirá esta fin de semana as súas festas, organizadas polo Concello de Ourense. A programación desenvolverase entre o venres 3 e o domingo 5 de outubro con propostas musicais e de lecer abertas a toda a veciñanza.

O venres abrirá a axenda a actuación da orquestra Olympus, mentres que o sábado terá lugar a Festa da Xuventude coa música do grupo A Gramola. As celebracións pecharanse o domingo cun concerto da orquestra Marbella. O obxectivo do programa é promover a convivencia e dinamizar a vida do barrio con actividades pensadas para diferentes idades.

Con motivo das festas, a rúa Pena Trevinca rexistrará cortes de tráfico en distintos horarios: o venres desde as 15.00 horas, o sábado a partir das 18.00 horas e o domingo desde as 14.00 horas. Ademais, a vía permanecerá pechada durante a mañá do domingo pola celebración da carreira da Garda Civil.

A Policía Local recomenda empregar como alternativas de circulación as rúas Serra Martiñá, A Coruña, A Saínza e Galicia, co fin de minimizar as molestias aos condutores.

⚙ Configurar cookies
0.091794013977051