As Festas de Santa Mariña do Monte regresan ao municipio ourensán este xoves , 15 de xullo, cunha programación que se extenderá ata o vindeiro luns, 22 de xullo.
Os festexos arrancarán a partir das 11.00 horas cun pasarrúas a cargo da charanga Caña Aquí e, a partir das 13.00 horas, terá lugar a sesión vermú.
O venres, 19 de xullo, terá lugar a Festa da Xuventude, con música a cargo da disco móvil Euphoria, mentres que o sábado, 20 de xullo, será o turno da Festa data Cores e a Festa da Espuma. Ademáis, a partir das 20.30 horas a música soará coa disco móbil Show e, a partir das 23.30 horas comezará a verbena co grupo Tatto.
O domingo, 21 de xullo, a partir das 11.00 horas, o grupo Picaflores animará as rúas do municipio e, posteriormente, haberá unha sesión vermú. Ás 17.00 horas terá lugar a final do campionato de tute e de chave, mentres que a verbena comezará áas 20.30 horas co grupo Zona Zero. O luns, 22 de xullo, os festexos rematarán cunha cea popular.