As Festas de Vistafermosa comezan este mércores cun amplo programa de actividades

OurenseXa
As celebracións estenderanse ata este sábado, 3 de maio, e obrigarán a pechar ao tráfico a Praza de Alfonso Alcaraz
festas-vistahermosa-2025
30 Apr 2025

O barrio ourensán de Vistahermosa celebra as súas festas entre este mércores 30 de abril, ata o sábado, 3 de maio, cun amplo programa de actividades que incluirá orquestras, exhibicións e moita festa.

A orquestra Saudade será a encargada de abrir os festexos cunha verbena na noite de hoxe, seguida da actuacións do DJ Diego Villi. O venres, as celebracións comezarán xa pola mañá cun pasarrúas a cargo da charanga Achicoria, una misa cantada pola Coral do Liceo e sesión vermú. Pola tarde haberá unha exhibición de tiro con arco do Club Arco Cachamuíña no colexio de Vistahermosas e, pola noite, verbena coa orquestra La Travesía.

O sábado, ás 17.30 horas, haberá unha exhibición de Taekwondo do Ximnasio O Couto no CEIP Vistahermosa e unha posterior verbena co DJ Diego Villi e Charleston Big Band. Por último, o domingo, os festexos arrancarán cunha exhibición de baile moderno pola mañá e outra de patinaxe e teatro musical, ambas no colexio. Pola noite, La Noria e A Gramola poñerán fin ás celebracións.

As celebracións farán necesario pechar ao tráfico a Praza de Alfonso Alcaraz hoxe, mércores 30 de abril, e o venres, 2 de maio, desde as 19.00 horas, e o xoves 1, e o sábado 3, as 16.00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.29637002944946