As Festas de Vistahermosa xa teñen data e programa completo

OurenseXa
Serán do 30 de abril ao 3 de maio e contarán coas actuacións das orquestras Saudade e La Travesía, entre outras
festas-vistahermosa-2025
24 Apr 2025

O barrio ourensán de Vistahermosa celebrará as súas festas do 30 de abril ao 3 de maio cun amplo programa de actividades que incluirá orquestras, exhibicións e moita festa.

A orquestra Saudade será a encargada de abrir os festexos cunha verbena na noite do xoves, seguida da actuacións do DJ Diego Villi. O venres, as celebracións comezarán xa pola mañá cun pasarrúas a cargo da charanga Achicoria, una misa cantada pola Coral do Liceo e sesión vermú. Pola tarde haberá unha exhibición de tiro con arco do Club Arco Cachamuíña no colexio de Vistahermosas e, pola noite, verbena coa orquestra La Travesía.

O sábado, ás 17.30 horas, haberá unha exhibición de Taekwondo do Ximnasio O Couto no CEIP Vistahermosa e unha posterior verbena co DJ Diego Villi e Charleston Big Band. Por último, o domingo, os festexos arrancarán cunha exhibición de baile moderno pola mañá e outra de patinaxe e teatro musical, ambas no colexio. Pola noite, La Noria e A Gramola poñerán fin ás celebracións.

⚙ Configurar cookies
0.16696095466614