As II Xornadas Memoria e Muller rematan este sábado en Celanova cunha representación teatral

Co gallo do 8M, o Concello de Celanova puxo en marcha por segundo ano as Xornadas Memoria e Muller, que comezaron o pasado día 15 de marzo coa presentación literaria ‘La ciudad de la selva’.
Este sábado, 22 de marzo, as xornadas rematarán cunha función teatral titulada ‘A Lola’, da compañía Avelaíña Teatro. Será ás 22.00 horas no Auditorio Municipal Ildurara e poñerá fin ao Mes da Muller, que este ano contou cun total de oito actividades que incluíron talleres, exposicións e o mercado ‘Con M de Muller’.