As mellores motos clásicas regresarán a Taboadela nunha nova edición da Royal Classic Tab

OurenseXa
Haberá premios á moto máis orixinal, ao mellor conxunto piloto-moto e ao piloto máis novo coa moto máis veterana
roya-classic-tab
12 Apr 2026

Taboadela volverá a reunir aos amantes das motos clásicas nunha nova edición da concentración moteira Royal Classic Tab, que este ano se celebrará o domingo 10 de maio e que incluirá unha ruta entre a Royal Classic Tab e o municipio veciño de Paderne de Allariz, así como petiscos e premios para os participantes.

As persoas asistentes poderán gozar dun menú composto por dous tipos de empanada, paella, pan e bebida, por un prezo de 20 euros. Ademais, ao remate da xornada, entregaranse premios á moto máis orixinal, ao mellor conxunto piloto-moto e ao piloto máis novo coa moto máis veterana.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través dos teléfonos 620 369 202 e 680 446 366.

0.13251113891602