As Noites Teatrais de Vilamarín chega ao seu fin
O concello de Vilamarín acolle a 25 edición das Noites Teatrais, unha actividade totalmente libre onde os asistentes poderán gozar de distintas compañías de teatro desde o luns, 15 de xullo ata o venres 19.
Neste último día é a quenda de 'Entrega en man' de Martin McDonagh, coa versión e dirección de Cándido Pazó, protagonizada por Evaristo Calvo, María Roja, Santi Romay e Diogo Sales.
Unha cotrosa habitación dun hotel cutre nunha pequena cidade americana. Un tipo estraño ofrece unha recompensa por recuperar a man que lle cortaron hai 27 anos e que, desde entón, busca obsesivamente. Un mozo negro e a súa noiva branca quéreno enganar ofrecéndolle unha man que non é a súa. O peculiar recepcionista do hotel se inmiscúe en tan insólita transacción e…