As Noites Teatrais de Vilamarín regresan entre 15 e o 19 de xullo
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolleu esta mañá a presentación da 35ª edición das Noites Teatrais de Vilamarín, un dos eventos culturais que son xa unha tradición no verán da provincia.
No acto participou o deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, quen puxo en valor "o excelente traballo que fan en Vilamarín a prol do Teatro e a Cultura". A concelleira de Cultura de Vilamarín, Marina Rodríguez, detallou a programación desta certame que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilamarín entre o 15 e o 19 de xullo. Pola súa banda, o alcalde Amador Vázquez agradeceu á Deputación e á Xunta a súa colaboración para desenvolver esta actividade cultural "que cada vez conta con máis seareiros de fóra de Ourense" e anunciou tamén que o vindeiro ano quedará rematado o acondicionamento interior do Auditorio Municipal de Vilamarín.