As Noites Teatrais regresan a Vilamarín con cinco funcións do 14 ao 18 de xullo

O Concello de Vilamarín acollerá do 14 ao 18 de xullo unha nova edición das súas Noites Teatrais, un dos certames de artes escénicas máis consolidados do verán en Galicia. A cita, que alcanza xa a súa 36ª edición, ofrecerá unha semana de teatro no Auditorio Municipal e supón unha oportunidade para desfrutar de lecer, cultura e convivencia veciñal.
O festival é froito da colaboración entre o Concello de Vilamarín, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, que manteñen o seu apoio para potenciar a cultura local e a participación da cidadanía.
O programa arrancará o luns 14 de xullo con ‘Dorotea’, a cargo do Grupo de Teatro de Vilamarín. O martes 15 será a quenda da compañía pontevedresa Ibuprofeno Teatro con ‘Reconversion’. O mércores 16 representarase ‘Un Deus Salvaxe’, de Talía Teatro. O xoves 17, Malasombra Producións presentará ‘O Proceso’ e o venres 18 pecharase o certame con ‘As gardiáns ou o nó do Tecelán’, da compañía Teatro de Ningures.