As obras da Avenida de Portugal obrigarán a pechar ao tráfico o treito entre a rúa Vila Valencia e a rúa Irmáns Xesta

OurenseXa
A intervención ten por obxecto renovar o espazo viario con criterios de mellora da accesibilidade, a mobilidade e a renovación de servizos nunha das principais rúas da cidade
coorte-trafico-avenida-de-portugal
Tramo cortado na Avenida de Portugal
24 May 2025

O vindeiro luns, día 26 de maio, a partir das 8.00 horas permanecerá pechado o tramo da Avda. de Portugal situado entre a rúa Vila Valencia e a rúa Irmáns Xesta polas obras de humanización que se están a acometer nesta avenida.

A intervención ten por obxecto renovar o espazo viario con criterios de mellora da accesibilidade, a mobilidade e a renovación de servizos nunha das principais rúas da cidade.

EXECUCIÓN DOS TRABALLOS

Concello de Ourense iniciou o pasado 16 de maio a execución das obras de humanización da Avenida de Portugal que se dividirán en dous proxectos que abranguen a totalidade da rúa: o primeiro inclúe o treito comprendido entre a rúa Ervedelo e Vila Valencia, e o segundo o que vai desde Vila Valencia até Marcelo Macías, cun orzamento de licitación total de 5.989.285,39 euros.

Os traballos están financiados polo Concello con fondos propios (4.577.533,78 euros) co apoio dunha subvención de 1.411.751,61 euros de fondos Next (equivalente ao 23,5% do total da obra).

A intervención ten por obxecto renovar o espazo viario con criterios de mellora da accesibilidade, a mobilidade e a renovación de servizos nunha das principais rúas da cidade. Con esta actuación favorécese unha mobilidade alternativa (máis desprazamentos a pé ou en bicicleta), créanse espazos seguros (beirarrúas máis amplas e redución de velocidade), foméntase a mobilidade inclusiva (itinerarios accesibles) e, en definitiva, recupérase o concepto de rúa como espazo amable, de calidade e para as persoas, o que permite, á súa vez, aumentar a actividade económica de proximidade, con solucións ambientais sostibles (eficiencia enerxética e redución da contaminación).

Nos dous casos as obras serán executadas pola empresa Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales SL, por ser a que presentou a oferta con mellor relación calidade-prezo. O Concello agarda que estean rematadas en menos dun ano.

Os dous proxectos serán financiados parcialmente con fondos procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, ao abeiro do Programa de axudas a municipios para a implantación de zonas de baixas emisións e a transformación dixital e sostible do transporte urbano (aprobado pola Orde ministerial TMA/892/2021, do 17 de agosto).

⚙ Configurar cookies
0.16782999038696