As obras de ampliación do CHUO obrigan ao traslado provisional das salas de extraccións

OurenseXa
Desde hoxe sitúanse na zona ocupada durante a pandemia polo COVID Auto no edificio Santa María Nai con entrada desde o exterior
sala-extraccions-chuo
Sala de extraccións do CHUO
22 May 2025

Desde hoxe as salas de extracción do Hospital Universitario de Ourense estarán situadas provisionalmente na planta -3 do edificio Santa María Nai, na zona que anteriormente ocupaba o COVID Auto, e que desde agora tamén acolle a actividade de recollida de mostras para análise que se desenvolvía na segunda pranta do edificio Cristal.

Este traslado responde á necesidade de realizar obras, de mellora e ampliación da capacidade das súas instalacións habituais na pranta -1 do Santa María Nai (a nivel de rúa). A intervención, cunha duración prevista de seis semanas, permitirá integrar nun único espazo as áreas de extracción, que ata agora se dividían entre ambos edificios, ampliando ademáis o acceso e o número de postos de extracción, catorce, incluindo catro específicos para mulleres embarazadas.

O emprazamento provisional das salas de extracción ten un único acceso directo desde o exterior, polo que é preciso tomar o vial que baixa cara a Escola de Enfermería, non sendo posible acceder desde o interior do Santa María Nai.

A dirección agradece a comprensión da cidadanía, ante as posibles molestias derivadas destes cambios, e lembra que esta iniciativa forma parte dun proxecto de modernización do Hospital Universitario de Ourense, facilitando a reforma e reubicación de espazos mentras duran as obras de construcción e ampliación do hospital. Ante calquera dúbida ou consulta, os usuarios poden dirixirse aos puntos de información situados nas diferentes entradas ao centro.

⚙ Configurar cookies
0.25578689575195