As obras de restauración da locomotora da Ponte provocarán diversas restricións de tráfico esta fin de semana

OurenseXa
Os cortes afectarán principalmente á rúa Xesús Pousa
obras-locomotora-a-ponte
24 Oct 2025

Os traballos de reparación da locomotora situada na rúa Xesús Pousa obrigarán a cortar ao tráfico o tramo final desta vía mañá, sábado 25 de outubro. O peche débese á instalación dunha carpa protectora que cubrirá a peza mentres se realizan as tarefas de restauración.

Durante a xornada, os vehículos que circulen en dirección á rúa Gómez Franqueira deberán desviarse pola rúa San Froilán. A única excepción serán os autobuses, que manterán o seu percorrido habitual. En sentido contrario, tanto o tráfico particular como o transporte público deberán circular pola Avenida das Caldas e Basilio Álvarez. A circulación quedará restablecida o domingo, 26 de outubro.

A intervención forma parte do proxecto de restauración da locomotora 240-2072 tipo Mastodon, unha actuación impulsada polo Concello de Ourense cun orzamento de licitación de 192.566,41 euros, que permitirá a súa conservación e exposición permanente na propia rúa Xesús Pousa.

⚙ Configurar cookies
0.16578412055969