As obras no Museo Arqueolóxico de Ourense obrigan a pechar o tráfico no centro da cidade

OurenseXa
Os peches comezarán este xoves a primeira hora da mañá na rúa Bispo Carrascosa
obras-museo-provincial-de-ourense
O subdelegado do Goberno, Pedro Blanco, visita as obras do Museo Provincial de Ourense
24 Abr 2024

Con motivo da ocupación da via pública para montar un andamio polas obras no Museo Arqueolóxico Provincial, o Concello de Ourense anuncia peches de tráfico na rúa Bispo Carrascosa a partir do xoves 25 de abril de 08:00  a 17:00 horas.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense leva xa máis de vinte anos pechado ao público. Polo momento, a sua actividade céntrase, de forma provisional, no Claustro de San Franciso, que conta cunha sala de exposicións adicada a espoñer algunhas pezas do museo.

A instalación deste andamio arroxa un pouco de esperanza para os ourensáns, que se todo vai ben volverán a poder ver abertas as novas instalacións a finais deste ano. As obras de rehabilitación pospuxéronse en innumerables ocasións debido, entre outros motivos, á aparición de restos arqueolóxicos.

0.18350100517273