As Olimpiadas de Inverno regresan a Pereiro de Aguiar con talleres durante decembro e xaneiro

OurenseXa
Os nenos e nenas poderán gozar de retos e aventuras durante as vacacións de Nadal
pavillon-municipal-a-chaira-pereiro-de-aguiar
7 Dec 2025

O Concello de Pereiro de Aguiar organiza unha nova edición dos talleres das Olimpiadas de Inverno que se levarán a cabo no Pavillón Municipal durante as vacacións de Nadal e primeiros días de xaneiro. Estas actividades, que se desenvolverán en horario de 09:00 a 14:00 horas, propoñen aos participantes unha serie de retos e aventuras para gozar dun tempo de lecer e diversión.

O programa comezará o 23 de decembro coa actividade “Os obstáculos do Grinch”, un taller no que os asistentes poderán por á proba as súas habilidades para superar diferentes desafíos. Á quenda seguinte, o 24 de decembro, será “As probas dos elfos”, unha proposta que busca potenciar o espírito navideño a través de divertidas probas. Xa en xaneiro, o 5, terá lugar o taller “Olimpiadas de Inverno”, onde os participantes competirán nun ambiente cheo de emoción e espírito deportivo. Para pechar o ciclo, o 7 de xaneiro desenvolverase o taller “Aventura Invernal”, un día dedicado a novos retos e diversión no que os nenos e nenas poderán seguir disfrutando das vacacións.

Esta iniciativa pretende ofrecer unha alternativa educativa e saudable para o tempo libre durante estas datas, fomentando a participación activa dos máis novos do municipio.

⚙ Configurar cookies
0.098653078079224