As piscinas da Merca abrirán ata o 1 de setembro
OurenseXa
A diferenza doutros anos, durante o verán de 2024 non será preciso solicitar cita previa para poder acceder ás instalacións
1 Jul 2024
O Concello de A Merca arranca a tempada de verán das piscinas municipais. As instalacións permanecerá abertas ata o vindeiro 1 de setembro en horario de 12.00 a 21.00 e, a diferencia doutros anos, durante o verán de 2024 non será preciso solicitar cita previa para poder acceder ás instalacións.
Prezos e abonos
- Menores de 3 anos: gratis
- Nenos de entre 4 e 12 anos: 1 euro
- Entrada xuvenil (entre 13 e 25 anos): 1,50 euros
- Adultos (maiores de 25 anos): 2,50 euros
- Abono mensual nenos empadroados: 15 euros por mes ou 25,50 euros por tempada
- Abono xuvenil empadroados: 22,50 euros por mes ou 38,25 euros por tempada
- Abono adultos empadroados: 37,50 euros por mes 63,75 euros por tempada
- Abono familiar empadronados: 75,00 euros por mes ou 127,50 euros por tempada
- Abono mensual para nenos non empadroados: 22,50 euros por mes ou 38,25 euros por tempada
- Abono mensual xuvenil para non empradoados: 33,75 euros por mes ou 57,38 euros por tempada
- Abono mensual adultos non empadroados: 56,25 euros por mes ou 95,63 euros por tempada
- Abono familiar non empadroados: 112,50 euros por mes ou 191,25 euros por tempada