As piscinas de Oira abren este venres sen necesidade de reserva

OurenseXa
As piscinas permanecerán abertas ata o 8 de setembro en horario continuado desde as 11.00 ata as 20.45 horas
Piscinas de Oira, Ourense
7 Xuño 2024

As piscinas de Oira abren este venres para a nova tempada de verán. Como outros anos, a entrada será libre e gratuita, pero non haberá necesidade de facer unha reserva previa para acceder ao recinto, a diferenza de anos anteriores.

As piscinas abrirán ata o día 8 de setembro, en horario continuado, desde as 11.00 ata as 20.45 horas. Este ano, o Consello Municipal amplía a superficie da zona verde na contorna da piscina, para proporcionar unha maior comodidade ás persoas que utilicen a instalación, que contará ademais con vixiante e socorristas.

Tamén desde o venres, 7 de xuño, ata o 8 de setembro, abrirá ao público a piscina exterior do Pavillón dos Remedios. Neste caso, pódese acceder a través dun bono diario básico de 3 euros, de luns a sábados, tamén de 11.00 a 20.45 horas, e os domingos, de 11.00 a 13.45 horas.

0.18584895133972