As piscinas de Oira abrirán ao público este venres

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abrirá ao público este venres, día 13 de xuño, as piscinas de Oira para a nova tempada de verán 2025, con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de reserva previa. As piscinas estarán abertas até o día 14 de setembro, en horario continuado, desde as 11.00 até as 20.45 horas.
Tamén este venres, 13 de xuño, abrirá ao público a piscina exterior do Pavillón dos Remedios. Neste caso, poderase acceder a través dun bono diario básico de 3 euros, de luns a sábados, tamén de 11.00 a 20.45 horas, e os domingos, de 11.00 a 13.45 horas.