As piscinas municipais da Peroxa abren ao público este sábado

OurenseXa
A apertura prodúcese precisamente despois dunha denuncia por parte dos socialistas que alertaban “un ano máis” dos retrasos na posta en funcionamento das instalacións
piscina-a-peroxa-pechada
4 Jul 2025

As piscinas municipais da Peroxa abrirán as súas portas este sábado, 5 de xullo, dando comezo á tempada de verán no municipio. Esta apertura chega poucos días despois de que o grupo socialista do Concello criticase de novo os atrasos na posta en marcha das instalacións.

Desde o PSdeG alertaban xa o pasado mes de xullo de que, a pesar de terse solucionado o proceso de selección de socorristas a finais dese mes e á petición do seu partido, a piscina seguía pechada e a medio encher. A denuncia, sinalaban, tiña como fin “evitar os retrasos de anos anteriores, que mesmo chegaron a prolongarse ata o 5 ou 7 de xullo”. Porén, este ano as piscinas abrirán semanas máis tarde que na maioría dos concellos da provincia.

Unha situación que, segundo os socialistas, “prexudica enormemente á veciñanza”, especialmente tendo en conta as altas temperaturas das últimas semanas.

Neste senso, desde o PSdeG da Peroxa apuntan directamente á “falta de previsión” por parte do alcalde e do seu equipo de goberno, que, din, “seguen desaparecidos na xestión municipal”.

Ademais, insisten en que esta situación non é nova e que se repite ano tras ano. Así, sinalan que a piscina permanece aberta en setembro “incluso con mal tempo”, pero non cando comeza o calor.

O problema parece que finalmente chegará ao seu fin mañá, cando está previsto que as instalacións abran as súas portas. Ata setembro, a veciñanza poderá acceder de forma gratuíta ás piscinas en horario continuado de 12:00 a 21:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.17962098121643