As piscinas municipais de Luíntra abren ao público este luns

A tempada de verán no concello de Nogueira de Ramuín estenderase ata o mes de setembro
Piscinas municipais de Luíntra
30 Xuño 2024
As piscinas municipais de Luintra, en Nogueira de Ramuín, abrirán ao público este luns, 1 de xullo, inaugurando a tempada de verán, que durará ata o vindeiro mes de setembro.
As entradas estarán á venda nas propias instalacións das piscinas. Ademáis, desde o concello informan de que os usuarios poderán adquirir bonos a prezos reducidos para 15 ou 30 pases, e que as persoas interesadas en obter o carné de tempada deberán facelo na Oficina de Turismo de Luíntra.
0.20419692993164