As rúas de Ourense acollen unha mostra urbana itinerante sobre a minería galega

OurenseXa
Pode verse na Praza de Bispo Cesáreo como parte dos actos polo centenario da Cámara Oficial Mineira de Galicia
expo-mineria-galega-ourense
18 Jun 2025

Ourense acolle a exposición urbana itinerante ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’, que a Cámara Oficial Mineira de Galicia trasladou a Ourense como parte dos actos de celebración do seu centenario

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, destacou durante a inauguración o compromiso do Executivo central coa xestión sostible dos minerais, posto de manifesto co Plan de Acción das Materias Primas Minerais 2025-2029, realizado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Eladio Santos explicou que na exposición, que recorre 2.500 anos de historia mineira en Galicia, poden coñecerse moitos dos sectores mineiros galegos que se verán beneficiados coa nova estratexia do Goberno que contempla plans quinquenais para axudar á reciclaxe.

⚙ Configurar cookies
0.16885900497437