As rúas de Ourense convértense nun escenario con motivo da MITEU 2024

OurenseXa
A Mostra Internacional de Teatro Universitario trae á capital de As Burgas máis de 20 espectáculos teatrais
miteu_2024 2
Operación rescate, MITEU 2024
14 Apr 2024

Dende este moves, 11 de abril, a capital de As Burgas está a acoller a 29ª Mostra de Teatro Universitario de Ourense (MITEU).

Catorce grupos de teatro universitario e de nove grupos convidados de teatro profesional daranse cita na cidade, que acollerá un total de 23 espectáculos de teatro, música e danza.

O Teatro Principal de Ourense e o Liceo serán os encargados de acoller a maioría dos espectáculos. Sen embargo, as rúas da cidade non quedarán atrás xa que, ao longo de toda a Miteu, exercerán de escenario para moitas destas compañías.

O xoves, 11 de abril, con motivo da inauguración da mostra, a aula de teatro do campus de Ourense "Rosaura", deixouse ver por todo o centro da cidade para presentar o espectáculo de rúa Operación rescate. 

A actuación de Rosaura contou coa participación do alumnado que ao longo deste curso académico se formou nesta aula teatral do campus de Ourense. Con dirección de Sabela Gago, desenvolveron unha peza na que quixeron trasladar ao público asistente a súa fé "no riso, na gargallada, na palabra e na poesía que conmove" e o seu desexo de "regresar para ser as nenas que fomos e reivindicar sentir por sentir" sinalan dende a UVigo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18545508384705