As rúas rúas Benito Vicetto e Telleira serán de sentido único a partir desta semana

A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Ourense anunciou cambios no sentido de circulación das rúas Benito Vicetto e Telleira co obxectivo de incrementar a seguridade viaria na zona.
A partir do próximo luns 8 de setembro, salvo que as condicións meteorolóxicas impidan rematar os traballos, a rúa Benito Vicetto pasará do actual dobre sentido a sentido único ascendente, desde a rúa Doutor Temes. Pola súa banda, a rúa Telleira converterase en sentido único descendente, desde Bernardo González Cachamuíña cara a Doutor Temes.
Con esta reordenación, os fluxos de tráfico estarán separados, aumentarase o número de prazas de aparcamento en ambas as rúas e eliminaranse os xiros á esquerda, o que tamén mellorará a fluidez da circulación. Os vehículos que procedan de Bernardo González Cachamuíña e desexen acceder a Doutor Temes deberán facelo mediante a rúa Telleira.
O Concello realizará esta fin de semana os traballos de sinalización necesarios para implementar os cambios e garantir a seguridade de condutores e peóns.