As tardes na Biblio regresan a Pereiro de Aguiar

OurenseXa
As sesións celebraranse na Biblioteca os días 14 e 15 de outubro e están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 8 anos
biblioteca-pereiro
Biblioteca de Pereiro de Aguiar
9 Oct 2025

A Biblioteca Municipal de Pereiro de Aguiar volve este mes de outubro coa actividade “Tardes de Biblio Diversión”, unha proposta pensada para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos que combina contos, xogos e moita diversión.

As sesións celebraranse os días 14 e 15 de outubro nas instalacións da propia biblioteca, ofrecendo un espazo de lecer e aprendizaxe arredor dos libros e a lectura. Desde a organización explican que, no caso de que haxa máis demanda que prazas dispoñibles, programarase unha nova xornada para que ningún pequeno quede sen participar.

As persoas interesadas poden reservar praza a través de WhatsApp no número 685 528 538.

⚙ Configurar cookies
0.07332181930542