As termas da Chavasqueira e do Muíño da Veiga reabrirán este mércores

OurenseXa
As dúas zonas termais volverán estar operativas en horario de 10.00 a 20.00 horas
termas-ourense
31 Mar 2026

O Concello de Ourense reabrirá este mércores, 1 de abril, as termas públicas e gratuítas da Chavasqueira e do Muíño da Veiga, situadas na marxe dereita do río Miño, despois de permanecer pechadas varios meses.

A decisión, explian desde o consistorio, chega unha vez que o nivel do río se estabilizou, o que permitiu levar a cabo as tarefas necesarias para recuperar estes espazos. Entre os traballos realizados inclúense labores de limpeza, desinfección e acondicionamento das instalacións para garantir o seu correcto funcionamento e a seguridade das persoas usuarias.

As dúas zonas termais volverán estar operativas en horario de 10.00 a 20.00 horas e contarán con servizo de atención ao público, control e primeiros auxilios desde o primeiro día de reapertura. Pola súa banda, as termas da Burga de Canedo, na zona de Outariz, continúan abertas con normalidade.

0.13650012016296