As termas da Chavasqueira reabrirán este luns

OurenseXa
O complexo levaba seis anos pechado tras quedar completamente destruído a causa dun incendio
termas-ourense
6 Oct 2025

As termas da Chavasqueira volverán abrir as súas portas este luns, 6 de outubro, despois de permanecer seis anos pechadas a consecuencia do incendio que, na madrugada do 24 de abril de 2019, destruíu por completo as instalacións.

O complexo termal, un dos máis coñecidos e utilizados polos ourensáns, foi reconstruído cun proxecto que incorpora melloras en accesibilidade, seguridade e sustentabilidade.

O acto de inauguración contará coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen será o encargado de cortar a cinta. Non obstante, as instalacións non estarán dispoñibles para o uso público ata o martes, día no que se permitirá o acceso ás persoas usuarias.

Con esta reapertura, Ourense recupera un dos seus espazos termais máis emblemáticos, situado á beira do Miño e convertido nun punto de referencia tanto para veciños como para visitantes.

⚙ Configurar cookies
0.10677313804626