As termas públicas da Chavasqueira reabren este mércores

OurenseXa
O Concello vén de realizar os traballos de limpeza, desinfección, arranxo e acondicionamento do espazo
termas-ourense
18 Jun 2025

O Concello de Ourense reabre ao público este mércores, 18 de xuño, a zona termal pública e gratuíta da Chavasqueira, na marxe dereita do río Miño.

A reapertura, din, “é posible logo de que nos últimos días se estabilizase o nivel do río, o que lle permitiu ao Concello realizar os traballos de limpeza, desinfección, arranxo e acondicionamento do espazo necesarios para a súa posta en funcionamento”.

As instalacións contarán xa desde hoxe con servizo de vixilancia, por parte da empresa Saudeter, que gañou a licitación para a vixilancia dos espazos termais da marxe do río. O horario de apertura da Chavasqueira é de 10:00 a 22:00
horas.

⚙ Configurar cookies
0.16402411460876