As Viñas Fest regresa por segundo ano coas actuacións da Panorama e París de Noia

Será os vindeiros 11 e 12 de abril en San Cibrao das Viñas
panorama-recurso
Orquestra Panorama
26 Mar 2025

As Viñas Fest regresa a San Cibrao das Viñas por segundo ano consecutivo. Será os días 11 e 12 de abril cun cartel protagonizado por dúas das maiores orquestras de Galicia: Panorama e París de Noia. O cartel complétase coas actuacións dos Dj A Gramola e Marcos Magán.

Logo do enorme éxito rexistrado na edición anterior, o Concello decidiu repetir este ano o mesmo formato pero divido en dous días. O evento será totalmente gratuíto e aberto a todos os públicos. O ano pasado durante o día, os máis cativos puideron desfrutar dunha sesión de tarde con Uxía Lambona e a Banda Molona e unha zona de inchables. Polo de agora, descoñécese se o Concello vai organizar este ano unha actividade dirixida exclusivamente aos nenos e nenas.

⚙ Configurar cookies
0.041709899902344