As Viñas Fest xa ten data para a súa edición de 2026

Será o 18 de abril e desde o Concello aseguran que será unha edición “máis especial que nunca” cun cartel que non deixará indiferente a ninguén
as-viñas-fest-2026
21 Feb 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas confirmou que a próxima edición de As Viñas Fest celebrarase o 18 de abril. Desde o Concello destacan que xa se está a traballar en todos os detalles para que esta edición sexa “máis especial que nunca” e confirman que a edición deste ano contará cun cartel de primeira categoría que “non deixará indiferente a ninguén”.

O evento consolidouse como unha cita destacada no calendario local, e o Concello anima á poboación a reservar a data para desfrutar dun día “inolvidable” en San Cibrao das Viñas.

0.083055973052979