As Xornadas de Folclore achéganse esta fin de semana a Tives, O Carballiño, Castro Caldelas e Xinzo
As Xornadas de Folclore están a percorrer, un ano máis, a provincia de Ourense nun dos eventos máis esperados do verán cultural ourensán, que nesta 39 edición conta coa participación de seis agrupacións folclóricas procedentes de Colombia, México, Panamá, Serbia, Senegal e Taiwán.
Tras o seu paso polos concellos de O Barco de Valdeorras, Celanova, Verín, Maceda, Entrimo, Viana do Bolo, Allariz e Celanova, a música e a danza tradicional de distintas culturas chega durante esta fin de semana a Tives, O Carballiño, Castro Caldelas e Xinzo.
Sábado, 17 de agosto
- Trives. Fundación Ballet Folclórico de Nobsa (Colombia), Yuan Yuan Dance Group (Taiwan) e Kud Srem (Serbia) na rúa San Martín ás 22.30 horas
- O Carbaliño. Ballet Folk. Instituto Tecnológico de Celaya (México), Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folclóricas (Panamá) e Ballet Jammu (Senegal) na Praza Maior ás 20.30 horas.
Domingo, 18 de agosto
- Castro Caldelas. Ballet Folk. Instituto Tecnológico de Celaya (México), Academia Andrés Valiente, Danzas y Proyecciones Folclóricas (Panamá) e Ballet Jammu (Senegal) na Praza do Prado ás 20.30 horas.
- Xinzo de Limia. Fundación Ballet Folclórico de Nobsa (Colombia), Yuan Yuan Dance Group (Taiwan) e Kud Srem (Serbia) na Praza do Toural ás 22.30 horas
A Deputación de Ourense, a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, organiza este festival coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta e dos diferentes concellos que acollen este evento.